Andrés Cuns Turnes
Andrés naceu en Santiago de Compostela, cidade onde o eco das pedras dialoga coas melodías que cruzan séculos.
Autodidacta por convicción e multinstrumentista por paixón, Andrés é a forza creativa que da forma, sentido e identidade a Brandelia, un proxecto que vai máis alá do musical para se converter nun universo estético propio.

Carlos Arévalo (batería e percusións)
Percusionista "todoterreo" con traxectoria internacional. Tocou con artistas da movida madrileña, formacións tributo (The Funkles, The Air Tonight), e proxectos como Anxo Lorenzo Band ou Xosé Manuel Budiño.

Anxo Lorenzo (gaitas e frautas)
Virtuoso recoñecido internacionalmente como un dos mellores gaiteiros do mundo. Fusiona gaita galega con música electrónica, celta, urbana e contemporánea. Artista de prestixio con centos de concertos internacionais e unha proposta visual e musical innovadora.

Ana Leira (voz e percusión)
Membro de Faltriqueira, Leira Catro e Lemaniot. Cunha carreira marcada pola polifonía tradicional, o jazz vocal e proxectos infantís, Ana achega unha voz con memoria e versatilidade.

María Faltri (voz e percusión)
Referente da escena galega. En Faltriqueira revolucionou o canto tradicional galego. Como creadora, leva espectáculos musicais a nenos e adultos, sempre cunha pegada emocional e identitaria.

Marcos Luis Valcárcel Laguna (violín)
Cubano afincado en Galicia. Formado en conservatorios da Habana, con experiencia na Sinfónica Nacional de Cuba. Leva máis de 20 anos traballando en Galicia con nomes como Carlos Núñez, Compay Segundo, Soraya Arnelas ou Emilio Cao. Unha ponte viva entre a tradición clásica, o folclore e a experimentación.

Rafa Morales (baixo eléctrico)
Formado en Galicia e no Conservatorio de Amsterdam. Tocou e gravou con bandas de jazz, funk e música do mundo en Europa e EE.UU. Músico versátil que combina interpretación e docencia.

Fernando Campos Dono (deseño sonoro e produción)
Técnico de son, produtor musical e director dos estudos Edisco, garante de calidade técnica e coherencia sonora do proxecto. Enxeñeiro de son dos míticos Treixadura.
